martes, 10 de julio de 2007

De salarios e outras vanalidades polo estilo

Esto pretende ser un artículo de opinión, pero como me fixo falta diñeiro a semana pasada túvena que empeñar, e polo tanto quedeime sin ela. Din que a falta de pan boas son tortas polo que seguimos adiante.
Un dos temas que, particularmente, me está facendo rir é o tema do salario na alcaldía. Estase falando moito de que o TEGA vai ser o que certifique a defunción política do burgomaestre local, e que o primeiro golpe vai ser a anulación total ou parcial dos seus emolumentos. Perfecto. Esto parece o inicio de unha desas campañas de concienciación colectiva, donde, a base de repetir unha verdade a medias se acaba convertindo en dogma de fe. En contraposición a esto eu diría: si quixeran que non salira elexido, ¿non sería moito máis fácil telo feito no pleno de investidura? ¿Será, entón, que nos gusta facelas cousas difíciles para que teñan máis mérito?
O salario percibido por un alcalde nun concello pode ser cousa de risa comparado cos beneficios que pode obter por outros lados; e non me estou referindo a meter a mau na caixa. Eso solo o faría un tonto ou un inútil. Hai moitas formas alternativas de sacar tallada (como decía un alcalde amigo meu: "intercambio de cromos", por exemplo).
Polo tanto, e si as cousas son como eu penso que son, a mengua no salario seguramente sea un mal menor para empezar a convencer a xente de que efectivamente o TEGA está en contra do rexidor, pero si realmente estuvera... ¿non o tería demostrado xa?
Hare krisna.