miércoles, 4 de julio de 2007

ERA O QUE CHE FALTABA!

Hola a tod@s. Temos blog novo. Visto lo visto creo que é necesario.
Nace ca sana intención de discutir de política local, ou como moito comarcal. Todo aquelo que chegue a "Zapatero es gay" ou "Rajoy es un imberbe" creo que non debería de interesarnos. Bastante temos xa aquí como pra preocuparnos dos de Madrid. Nos non imos estar pra solucionalo todo.
Tampouco imos facer un decálogo de usos, maneras y costumbres; nin siquiera imos facer un manual de comportamento. O único que non se permite son patadas na espinilla e o insulto gratuito e/ou anónimo. Que cada un escriba como queira, sepa, alcance ou deba.
Para facer comentarios non fai falta rexistrarse, pero para publicar noticias necesitades crear unha conta. Simplemente mandandome un correo xa vos dou de alta.

SEÑORAS, SEÑORES, O BLOG É VOSO.
Un placer.